domingo, 30 de marzo de 2014

E en marzo AS CANICAS

Seguimos aprendendo, ou lembrando.... algún xogo tradicional máis.
Agora xogaremos ás canicas, ou ás bólas.... Xa temos preparados os guás.
Empezaremos martes os de terceiro ciclo, mércores os do segundo ciclo , xoves os do primeiro e o venres haberá que ir ensinar aos pequerrechos....
.....Se o tempo o permite

jueves, 13 de marzo de 2014

Sesións de pintura

Aproveitamos o bo tempo para dar unha boa xeira á pintura do patio. Queda pouco para rematar: encher o ceo, perfilar, poñer o nome dos xogos....
Xa temos: a mariola, as carreiras de sacos, a petanca, os zancos, as canicas, o peón, ......
Vai vendo, dentro duns días poñeremos as fotos co traballo rematado.

miércoles, 12 de marzo de 2014

A mariola

Veu o bo tempo, e por fin podemos xogar fóra. Agora preparamos o patio para xogar á mariola. A semana vindeira vannos ensinar.