viernes, 20 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE ENREDOS TRADICIONAIS

Xa coñeciamos a Eladio, o curso pasado ensinounos a facer zocos, pero este ano veunos ensinar a facer enredos cos que el xogaba de neno, e que agora lle fai ao seu bisneto. Fanse con madeira de carballo de bieiteiro, de sabugueiro.... Vimos como se fai un peón, tamén como se baila, tamén bailaretes, que non precisan piola. Ensinounos un carriño, que se desmonta e se fai unha carrilana, uns zoadores que se fan con carretes de fío, un tirachinas, un tirabogas, frautas..... Mirade as fotos

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Éxito dos obradoiros de Nadal

Si, todo un éxito foron os obradoiros de Nadal tanto para o alumnado como para as familias. Aquí tedes as fotos que fixemos estes días.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Mural do patio

Seguimos cunha segunda sesión de pintura no mural do patio. Nel imos poñer debuxos de xogos populares. Xa vai véndose como queda.

O mellor de todo foi colaborar uns con outros, uns pintamos, outros mesturamos a pintura, outros aguantan dos botes, algunha perfila as beiras......Continuará.....

Obradoiros de centros de Nadal

Preparamos o Nadal facendo unha actividade colaborativa. No recreo temos un obradoiro con algunhas profes e algunhas nais. Aprendemos a facer centros de Nadal.

Podes encargarnos algún se queres, que cho faremos encantad@s É un estupendo agasallo, a que si?

martes, 3 de diciembre de 2013

PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE PEÓNS

Moi difícil o tivo o xurado do concurso de decoración de peóns.
Mirade senón estas fotos.
Os premiados foron Javeria de 5º, Lara de 4º e Diego de 1º
Parabéns para eles e para todos os que participaron, todos eles levaron para a súa casa un pequeno agasallo.

viernes, 29 de noviembre de 2013

Pintando entre todos e todas

Hoxe empezamos a pintar o noso mural do patio.
Entre todos vai collendo forma. Ide vendo.... pero.... continuará.....



Regras da chave


Xogando á chave

O clube de chave "O Hórreo" invitounos ao seu campo para ensinarnos as primeiras nocións deste xogo.
Xa probamos a nosa puntería.
O mellor é que nos invitaron a volver para xogar algunha partidiña.
Tomarémoslle a palabra.
Moitas grazas

domingo, 24 de noviembre de 2013

E para rematar o trimestre...

....os maiores irán xogar á chave, e todos e todas aprenderemos a xogar á petanca e aos bolos.

Xogando á roda roda

Á roda roda, a pasimisí, pasimisá, ao patio da miña casa, toda unha semana recuperando xogos dos nosos pais e nais. E sonche ben divertidos.
Esta semana os rapaces de cuarto ensináronlle os xogos aos pequerrechos de Infantil.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Xogos do Magosto

Mellorando a estética do colexio

Moi importante tamén é mellorar a imaxe do colexio. Comezamos coa estética do patio cuberto. Catro pais moi colaboradores viñeron botarnos unha man e unhas cuantas brochas máis tarde hai que ver que luminoso quedou. Agora tócanos a nós enchelo de fermosas imaxes.
Grazas a Beni, Florian, Daniel e Arturo.

Para xogar ao corro

E agora mellor decoralos

Aprendemos a bailar o peón

Uns mellor ca outros.... Non é doado. Pero é moi divertido

E así de ben o pasamos coa corda e a goma

Regras dos xogos

Para xogar o primeiro é coñecer as regras, e tamén respectalas.
Aquí comezamos coas deste mes: A CORDA, A GOMA E A BUXAINA



Novembro: goma, corda, trompo e xogos de corro


Visita ao colexio de A CAPELA

No mes de outubro iniciamos a andaina polos xogos populares visitando o CEIP "Mosteiro de Caaveiro" onde os rapaces e rapazas nos ensinaron a bailar o peón, a andar en zancos, a correr co aro.... Toda unha mañá de diversión e que foi un primeiro achegamento a estes xogos que non esqueceremos, senón que iremos aprendendo un a un durante todo o curso.

Plan de Formación

Empeza neste curso 2013-14 no CEIP "Xesús San Luís Romero" un Plan de Formación en Centro co que buscamos mellorar a nosa capacitación profesional e que esta repercuta no noso alumnado.
Comezamos traballando as competencias básicas a través dos xogos populares, así como as habilidades sociais, e cunha fonda reflexión sobre a imaxe que se ten do centro no contorno, coa intención de implementar medidas para mellorala.

Benvid@s ao noso blog, que é o voso. Esperamos a vosa colaboración e os vosos comentarios.