viernes, 20 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE ENREDOS TRADICIONAIS

Xa coñeciamos a Eladio, o curso pasado ensinounos a facer zocos, pero este ano veunos ensinar a facer enredos cos que el xogaba de neno, e que agora lle fai ao seu bisneto. Fanse con madeira de carballo de bieiteiro, de sabugueiro.... Vimos como se fai un peón, tamén como se baila, tamén bailaretes, que non precisan piola. Ensinounos un carriño, que se desmonta e se fai unha carrilana, uns zoadores que se fan con carretes de fío, un tirachinas, un tirabogas, frautas..... Mirade as fotos

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Éxito dos obradoiros de Nadal

Si, todo un éxito foron os obradoiros de Nadal tanto para o alumnado como para as familias. Aquí tedes as fotos que fixemos estes días.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Mural do patio

Seguimos cunha segunda sesión de pintura no mural do patio. Nel imos poñer debuxos de xogos populares. Xa vai véndose como queda.

O mellor de todo foi colaborar uns con outros, uns pintamos, outros mesturamos a pintura, outros aguantan dos botes, algunha perfila as beiras......Continuará.....

Obradoiros de centros de Nadal

Preparamos o Nadal facendo unha actividade colaborativa. No recreo temos un obradoiro con algunhas profes e algunhas nais. Aprendemos a facer centros de Nadal.

Podes encargarnos algún se queres, que cho faremos encantad@s É un estupendo agasallo, a que si?

martes, 3 de diciembre de 2013

PREMIOS DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE PEÓNS

Moi difícil o tivo o xurado do concurso de decoración de peóns.
Mirade senón estas fotos.
Os premiados foron Javeria de 5º, Lara de 4º e Diego de 1º
Parabéns para eles e para todos os que participaron, todos eles levaron para a súa casa un pequeno agasallo.