miércoles, 26 de febrero de 2014

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

Aquí están as fotos da actividade destas dúas últimas semanas.
Nos recreos houbo un obradoiro de máscaras.
Alí fixemos máscaras con distintas técnicas, moi fermosas, ....ou moi arrepiantes.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Tres en raia

Tampouco se puido xogar ao tres en raia no exterior, pero ben que o pasamos dentro.



Pintura cooperativa no patio

Por fin  . e despois de dous meses de esperar a que parase de chover e o vento , poidemos dedicar un día a pintar de novo no patio. Xa temos as carreiras de sacos, as chapas e case está rematada a mariola.



Seguiremos con máis xogos.....

sábado, 15 de febrero de 2014

Xogos tradicionais, antes e agora

Despois de traballar arredor da obra Xogos de nenos e nenas de Pieter Brueghel, fixemos esta selección de imaxes de xogos, tal e como  nolas ensinaba Brueghel e como xogamos agora.

Antes e Agora by Chelo Alvarez Veira

lunes, 10 de febrero de 2014

E xogamos tamén en febreiro

A pesares de tanta chuvia e tanto vento, imos continuar aprendendo a xogar. E tamén a facer máscaras, para preparar o Entroido. Aquí tes o plan do mes de febreiro e as regras do xogo tres en raia, ao que imos xogar fóra, ou dentro según nos permita a meteoroloxía.


martes, 4 de febrero de 2014

Investigando a Pieter Brueghel

CLUB CICLISTA

Durante este curso estamos contactando co tecido asociativo do pobo para coñecer as distintas opcións de ocio que pode ter o noso alumnado. Esta semana visitounos o CLUB CICLISTA co que fixemos unha ximcana no patio cuberto. Foi moi divertido, e xa hai un par de nenos e nenas interesadas en saír de paseo con eles os fins de semana.