martes, 17 de junio de 2014
Obradoiro de zancos
Fixemos zancos coa profe Marisa.
Recortamos cilindros de cartón, un de 1 metro, outro de 20 cm, 2 de 15 cm e 1 de 10 cm
Colocámolos como podes ver e pegámolos con cinta adhesiva.
Aquí os tedes
domingo, 11 de mayo de 2014
miércoles, 2 de abril de 2014
Obradoiro de broches
Empezamos un obradoiro de broches, que imos facer nos recreos e cos que conseguiremos algúns cartos para as nosas excursións. Xa podes escoller o que máis che guste e pedírnolo.
Pode ser un broche, un chaveiro, ou unha pinza para o pelo.
Tamén podes pedir tamaño diferente e a túa cor favorita.
Última sesión de pintura
Si, por fin rematamos de pintar os debuxos do patio cuberto.
E imos botar de menos saír de cando en cando a facelo.
A profe di que aínda se vai pintar algo máis, pero que van ser os nosos pais e nais os que o van facer.
Onde pintarán?
domingo, 30 de marzo de 2014
E en marzo AS CANICAS
Seguimos aprendendo, ou lembrando.... algún xogo tradicional máis.
Agora xogaremos ás canicas, ou ás bólas.... Xa temos preparados os guás.
Empezaremos martes os de terceiro ciclo, mércores os do segundo ciclo , xoves os do primeiro e o venres haberá que ir ensinar aos pequerrechos....
.....Se o tempo o permite
Agora xogaremos ás canicas, ou ás bólas.... Xa temos preparados os guás.
Empezaremos martes os de terceiro ciclo, mércores os do segundo ciclo , xoves os do primeiro e o venres haberá que ir ensinar aos pequerrechos....
.....Se o tempo o permite
lunes, 17 de marzo de 2014
jueves, 13 de marzo de 2014
Sesións de pintura
Aproveitamos o bo tempo para dar unha boa xeira á pintura do patio. Queda pouco para rematar: encher o ceo, perfilar, poñer o nome dos xogos....
Xa temos: a mariola, as carreiras de sacos, a petanca, os zancos, as canicas, o peón, ......
Vai vendo, dentro duns días poñeremos as fotos co traballo rematado.
Xa temos: a mariola, as carreiras de sacos, a petanca, os zancos, as canicas, o peón, ......
Vai vendo, dentro duns días poñeremos as fotos co traballo rematado.
miércoles, 12 de marzo de 2014
A mariola
Veu o bo tempo, e por fin podemos xogar fóra. Agora preparamos o patio para xogar á mariola. A semana vindeira vannos ensinar.
miércoles, 26 de febrero de 2014
OBRADOIRO DE MÁSCARAS
Aquí están as fotos da actividade destas dúas últimas semanas.
Nos recreos houbo un obradoiro de máscaras.
Alí fixemos máscaras con distintas técnicas, moi fermosas, ....ou moi arrepiantes.
Nos recreos houbo un obradoiro de máscaras.
Alí fixemos máscaras con distintas técnicas, moi fermosas, ....ou moi arrepiantes.
miércoles, 19 de febrero de 2014
Pintura cooperativa no patio
Por fin . e despois de dous meses de esperar a que parase de chover e o vento , poidemos dedicar un día a pintar de novo no patio. Xa temos as carreiras de sacos, as chapas e case está rematada a mariola.
Seguiremos con máis xogos.....
Seguiremos con máis xogos.....
sábado, 15 de febrero de 2014
Xogos tradicionais, antes e agora
Despois de traballar arredor da obra Xogos de nenos e nenas de Pieter Brueghel, fixemos esta selección de imaxes de xogos, tal e como nolas ensinaba Brueghel e como xogamos agora.
lunes, 10 de febrero de 2014
E xogamos tamén en febreiro
A pesares de tanta chuvia e tanto vento, imos continuar aprendendo a
xogar. E tamén a facer máscaras, para preparar o Entroido.
Aquí tes o plan do mes de febreiro e as regras do xogo tres en raia, ao
que imos xogar fóra, ou dentro según nos permita a meteoroloxía.
martes, 4 de febrero de 2014
CLUB CICLISTA
Durante este curso estamos contactando co tecido asociativo do pobo para coñecer as distintas opcións de ocio que pode ter o noso alumnado.
Esta semana visitounos o CLUB CICLISTA co que fixemos unha ximcana no patio cuberto.
Foi moi divertido, e xa hai un par de nenos e nenas interesadas en saír de paseo con eles os fins de semana.
sábado, 25 de enero de 2014
viernes, 24 de enero de 2014
martes, 21 de enero de 2014
"Xogos de nenos e nenas" de Pieter Brueghel
Coñecemos o cadro Xogos de nenos e nenas de Pieter Brueghel, no que descubrimos que os rapaces e rapazas de hai 500 anos eran moi parecidos a nós, e tiñan xogos moi parecidos.
Nestes documentos que podes descargar hai moitas actividades para coñecer mellor ese cadro, esa época, e por suposto os xogos aos que xogaban .
viernes, 17 de enero de 2014
domingo, 12 de enero de 2014
En xaneiro: petanca e bolos
Empezaremos a semana do 13 coa PETANCA.
Coma sempre de martes a venres haberá mestres que vos ensinarán: martes ao terceiro ciclo, mércores ao segundo ciclo, xoves ao primeiro ciclo e venres os maiores ensinarán aos de Infantil.
Coma sempre de martes a venres haberá mestres que vos ensinarán: martes ao terceiro ciclo, mércores ao segundo ciclo, xoves ao primeiro ciclo e venres os maiores ensinarán aos de Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)